Novedades e Novos Borradores

Post Reply
User avatar
ADAMS
Master Memmber
Master Memmber
Posts: 13193
Joined: Mon Feb 11, 2013 4:43 pm

Novedades e Novos Borradores

Post by ADAMS »

Fuente CSIF

Función Pública volve a insultar ao personal en precario que depende da Consellería de Facenda e pon en evidencia, unha vez, o seu desprezo pola negociación colectiva.

Elabora as bases das convocatorias que vai levar á Mesa de negociación antes de ter recibidas as alegacións dos sindicatos

O pasado 13 de noviembre Función Pública remite ás OO.SS os primeiros borradores dos procesos selectivos de corpos xerais derivados das OPES 2017, 2018 e 2019 para facer as oportunas alegacións. Para elo habilita un escaso prazo de tres dias hábiles. As alegacións tiñan que estar en poder de Función Pública, improrrogablemente, o día 18 de novembro ás 14:00 horas para o seu estudo antes de convocar a Mesa de Negociación.

O dia 19 de novembro Función Pública convoca unha Mesa Xeral Extraordinaria, a celebrar o día 21 de novembro, para «negociar e estudar» as alegacións formuladas polos sindicatos.

Sen embargo, a pesar de que o prazo para facer as alegacións remataba o dia 18 de novembro, as bases das convocatorias que Función Pública xa tiña decidido levar á Mesa Xeral foron elaborados o 15 de novembro, tres días antes de que acabase o prazo de alegacións.

É dicir, Función Pública xa tiña elaborados os borradores definitivos que vai levar á Mesa Xeral sen ter en conta as alegacións que puideran formular as organizacións sindicais. E, polo tanto, sen ter en conta nin consideración, os dereitos e intereses do persoal que se atopa en precario e que aspira a consolidar ou estabilizar o seu posto de traballo.

A continuación podes consultar cada unha das convocatorias de consolidación/estabilización remitidas por Función Pública para a Mesa xeral extraordinaria de empregados públicos do día 21 de novembro.


+Enlace a los borradores >> http://bit.ly/2CWVg8f
Last edited by ADAMS on Tue Dec 03, 2019 7:32 pm, edited 1 time in total.
pcv
Novato
Novato
Posts: 12
Joined: Fri Mar 29, 2019 4:19 pm

Re: Novedades e Novos Borradores

Post by pcv »

se sabe algo de la reunion de ayer?nadie ha publicado nada al respecto.gracias.
Post Reply